A axenda cultural de Ribadeo para os días 26 e 27 de xuño inclúe música e teatro.

A axenda cultural desta fin de semana en Ribadeo inclúe música e teatro. 

Este sábado, 26 de xuño, proxectarase unha película de Alejandro  Gándara e Olaia Tubío, Una viaxe tralas voces do cancioneiro. O gaiteiro e pandereteiro da Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo Xacobo Ares puxo en marcha este proxecto, chamado Tecedeira, tecendo a tradición, que recoñece o traballo da musicóloga Dorothé Shubarth así como a traxectoria de investigación en cultura musical popular de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. Con todo, a influencia máis importante tívoa na súa propia familia da man do seu tío, Francisco Ares, fundador d´Os Montes de Lugo. A actividade terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas con entrada de balde, aforo limitado e medidas covid. Ao remate da proxección haberá unha charla-coloquio coas directoras.

O domingo, 27 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval Amorodos Producións presentará A xente 2.0, un espectáculo adaptado, fora dos moldes do convencional, que propón unha experiencia grupal que cuestiona con humor e sen benevolencia o concepto mesmo da participación. Interpretada por María Vázquez e Víctor Duplá.