Covas

Etiquetas:
12/05/2022

As festas na honra a San Xoán Bautista en Covas darán comezo o día 23 de xuño coa verbena amenizada pola orquestra Miramar e o grupo Arizona. 

O venres 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro e despois sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 22:30 horas terá lugar a verbena coas orquestras Trébol e Acordes.

O sábado 25 ás 11:00 horas comezará o pasarrúas con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Suavecito e, ás 20:00 horas, gran sardiñada no Campo da Pascua. Ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Suavecito e Magos.

As festas rematarán o domingo 26 que será o Día do Neno. Dende as 17:00...

leer más
Etiquetas:
14/04/2020

Desde a organización explican que "tras un consenso dos comisionistas decídese cancelar as Festas do San Xoán de Covas, ten en conta a grave crise sanitaria e socio-económica que estamos a vivir. Para garantir unhas festas nunhas condicións axeitadas, vemos oportuno aprazalas cunha nova reorganización, nun principio para a fin de semana do 12 de setembro, na honra á nosa Señora dos Remedios, sempre e cando as condicións socio-sanitarias para daquela nolo permitan". 

Covas aprazará deste xeito as festas patronais que debían comezar na cuarta semana de xuño ao mes de setembro. Esta decisión debateuse cos principais responsables nunha reunión por vídeo conferencia.

A organización agarda que “nos próximos meses a situación cambie e en setembro nos poidamos reunir para festexar San Xoán e Nosa Señora dos Remedios....

leer más
Etiquetas:
03/06/2019

O 22 ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Arizona, que tamén amenizará a verbena, a partires das 23:00 horas, xunto a Disco Móvil Chocolate.

O 23 ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú coa orquestra Saudade, que ademais estará na verbena desde as 22:30 horas xunto a Tango. A partires das 00:00 horas haberá unha gran lumeirada.

O luns, 24 de xuño, ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa banda de gaitas Cacharela de Covas; e ás 13:00 horas misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena co grupo Cañón.

O martes, día 25, ás 11:00 horas percorrerá as rúas o grupo musical Non cho digo; e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Solara, que volverá actuar á noite na verbena. Ademais ás 20:00 horas celebrarase unha gran sardiñada...

leer más
Etiquetas:
19/09/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, recibiu onte a un grupo de mozos e mozas que participaron nunha ruta guiada á Cova do Rei Cintolo entre os que se atopaba a visitante número 12.000 dende que comezaron as visitas guiadas á cavidade. Por ese motivo, a rexedora local fixo entrega dun diploma acreditativo e convidou a Lidia Riobó a coñecer a cova máis extensa de Galicia de xeito gratuíto.

O Goberno local destaca que “no presente ano 2018 se están superando todas as cifras de visitas á cova rexistradas nos anos anteriores”. De feito, as cifras de mediados de setembro amosan un incremento do 5% sobre o final de setembro do ano pasado. Igualmente, o mes de agosto pechousecun incrementodo número de visitantes por riba do 35% con respecto ao ano 2017.

Agora mesmo xa se superanun 2% as cifras do peche de campaña do...

leer más
Etiquetas:
13/06/2018

A Historia de Galipizza comezou ao pé da Praia de Covas (Viveiro) a finais de xuño de 1993, e este sábado 16 de xuño de 2018, 25 anos despois, celebra as súas Vodas de Prata cunha xornada chea de actividades, á que convida a tódolos seus “galipizzeros e galipizzeras” para celebralo xuntos.

 A xornada comezará ás 12h cunha Concentración de Coches Clásicos, organizada en colaboración co Club de Coches Clásicos Viveiro, con vehículos anteriores a 1985.

Desde as 14h terá lugar a Sesión Vermú na Terraza de Galipizza Covas, como paso previo á Comida Popular do 25 Aniversario, para a que se poden reservar tickets en calquera local de Galipizza ata este martes 12 de xuño. O prezo do xantar é de 23€ por persoa.

Xa pola tarde, a partir das 18h terá lugar unha Exhibición de Coches Radio Control a...

leer más
Etiquetas:
24/01/2018

O Centro Social de Covas acolle o sábado, 3 de febreiro, un baile de entroido.

A festa dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase ata as 20:00 h.

Haberá una merenda e trofeos para os mellores disfraces, e o baile estará amenizado polo Dúo Suso. 

Etiquetas:
12/12/2017

A Asociacion de Hostaleiros e Comerciantes 'Beiras de Viveiro' (Covas-Viveiro) ten preparado para o vindeiro 28 de decembro unhas Xornadas Gastronómicas do “Trampantojo”, onde tratarán de ‘enganar’ —coa mellor e máis creativa das intencións— aos seus comensais propoñendo pratos que parecen unha cousa e que en realidade son outra ben distinta, buscando o xogo dos sentidos, a memoria e as percepcións gastronómicas.

Para irense preparando para esa cita, os hostaleiros de Covas están citados este mércores 13 de decembro pola tarde na cociña do Hotel Val do Naseiro, que cede as súas instalacións para que o chef Bruno Pena Arnaú, que dirixe o equipo do restaurante A Horta de Paula en Mondoñedo, lles presente unha “Master Class” coa que poder ir recollendo ideas para o dito “Trampantojo” que celebrarán no Día dos Inocentes.

 

Etiquetas:
26/10/2017

Este sábado, día 28, terá lugar en Covas o quinto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas no Parquemar. En xogo estarán 1.500 euros en vales de compra. 

Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 22 e 28 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Covas. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará no Parquemar. 

En Covas, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz, en Xove e no Vicedo, sortearanse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de...

leer más
Etiquetas:
11/06/2017

Unha mesa redonda indaga sobre o pasado do Santo Vello, en Covas. Un estudoso do tema, o presidente de Mariña Patrimonio e un arqueólogo intervirán nunha mesa redonda sobre a cova de San Xoán Vello. Pensamento e Sementeira organiza un acto na área etnográfica da Ínsua e unha visita guiada á cova.

O pasado mes de marzo o presidente do colectivo Pensamento e Sementeira, e dous membros da directiva de Mariña Patrimonio, acompañados por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e polo tenente de alcalde, Xesús Fernández, estiveron na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza interesándose pola protección das covas de San Xoán Vello e da Doncela. 

Xa daquela era a intención do Colectivo complementar estas xestións coa divulgación do pasado destes sitios. É por iso que agora, programaron un acto público e unha visita...

leer más
Etiquetas:
18/05/2017

As festas de San Xoan en Covas comezan o 23 de xuño cunha verbena amenizada polas orquestras Suavecito e Costa Dorada. Ás doce da noite haberá unha gran lumeirada.

O sábado 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Illa Pancha de Ribadeo (dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo), e a Banda de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, e ao remate a sesión vermú coa orquestra Breixa Band. A partires das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Breixa Band e Los Players.

O domingo 25 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Non cho digo de Covas, e ás 14:00 horas sesión vermú con Los Españoles. Pola tarde, ás 19:00 horas no Campo da Pascua celebrarase unha gran sardiñada amenizada polo grupo Non cho digo. A xornada rematará ás 22:30 horas...

leer más