Covas
A Asociacion de Hostaleiros e Comerciantes 'Beiras de Viveiro' (Covas-Viveiro) ten preparado para o vindeiro 28 de decembro unhas Xornadas Gastronómicas do “Trampantojo”, onde tratarán de ‘enganar’ —coa mellor e máis creativa das intencións— aos seus comensais propoñendo pratos que parecen unha cousa e que en realidade son outra ben distinta, buscando o xogo dos sentidos, a memoria e as percepcións gastronómicas.
Para irense preparando para esa cita, os hostaleiros de Covas están citados este mércores 13 de decembro pola tarde na cociña do Hotel Val do Naseiro, que cede as súas instalacións para que o chef Bruno Pena Arnaú, que dirixe o equipo do restaurante A Horta de Paula en Mondoñedo, lles presente unha “Master Class” coa que poder ir recollendo ideas para o dito “Trampantojo” que celebrarán no Día dos Inocentes.
Este sábado, día 28, terá lugar en Covas o quinto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas no Parquemar. En xogo estarán 1.500 euros en vales de compra.
Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 22 e 28 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en Covas. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará no Parquemar.
En Covas, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz, en Xove e no Vicedo, sortearanse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de...
leer másUnha mesa redonda indaga sobre o pasado do Santo Vello, en Covas. Un estudoso do tema, o presidente de Mariña Patrimonio e un arqueólogo intervirán nunha mesa redonda sobre a cova de San Xoán Vello. Pensamento e Sementeira organiza un acto na área etnográfica da Ínsua e unha visita guiada á cova.
O pasado mes de marzo o presidente do colectivo Pensamento e Sementeira, e dous membros da directiva de Mariña Patrimonio, acompañados por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e polo tenente de alcalde, Xesús Fernández, estiveron na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza interesándose pola protección das covas de San Xoán Vello e da Doncela.
Xa daquela era a intención do Colectivo complementar estas xestións coa divulgación do pasado destes sitios. É por iso que agora, programaron un acto público e unha visita...
leer másAs festas de San Xoan en Covas comezan o 23 de xuño cunha verbena amenizada polas orquestras Suavecito e Costa Dorada. Ás doce da noite haberá unha gran lumeirada.
O sábado 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Illa Pancha de Ribadeo (dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo), e a Banda de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, e ao remate a sesión vermú coa orquestra Breixa Band. A partires das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Breixa Band e Los Players.
O domingo 25 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Non cho digo de Covas, e ás 14:00 horas sesión vermú con Los Españoles. Pola tarde, ás 19:00 horas no Campo da Pascua celebrarase unha gran sardiñada amenizada polo grupo Non cho digo. A xornada rematará ás 22:30 horas...
leer másA asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro organiza a 2ª Ginkana Zombie
Para participar será necesario un depósito de 50 euros, que se recuperará ao final da ginkana, e indicar o nome do clan. O número de participantes por clan será un mínimo de 5 e un máximo de 15. As inscricións pecharanse ao alcanzar un máximo de 28 clans por rigoroso orde de inscrición, e a data tope é o 19 de febreiro.
Aqueles que fagan as súas compras nos negocios asociados entre os días 17 e 24 de febreiro, conseguirán puntos extra para a ginkana. O máximo será un punto por negocio e día.












