Todo está listo en Covas (Viveiro) para a celebración das Festas de San Xoán, que darán comezo o 23 de xuño con verbena a gran lumeirada.

As festas de San Xoan en Covas comezan o 23 de xuño cunha verbena amenizada polas orquestras Suavecito e Costa Dorada. Ás doce da noite haberá unha gran lumeirada.

O sábado 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Illa Pancha de Ribadeo (dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo), e a Banda de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, e ao remate a sesión vermú coa orquestra Breixa Band. A partires das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Breixa Band e Los Players.

O domingo 25 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Non cho digo de Covas, e ás 14:00 horas sesión vermú con Los Españoles. Pola tarde, ás 19:00 horas no Campo da Pascua celebrarase unha gran sardiñada amenizada polo grupo Non cho digo. A xornada rematará ás 22:30 horas cunha verbena na que actuarán Los Españoles.