Pensamento e Sementeira indaga no pasado do Santo Vello, en Covas. Será cunha mesa redonda que terá lugar o 17 de xuño.

Unha mesa redonda indaga sobre o pasado do Santo Vello, en Covas. Un estudoso do tema, o presidente de Mariña Patrimonio e un arqueólogo intervirán nunha mesa redonda sobre a cova de San Xoán Vello. Pensamento e Sementeira organiza un acto na área etnográfica da Ínsua e unha visita guiada á cova.

O pasado mes de marzo o presidente do colectivo Pensamento e Sementeira, e dous membros da directiva de Mariña Patrimonio, acompañados por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e polo tenente de alcalde, Xesús Fernández, estiveron na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza interesándose pola protección das covas de San Xoán Vello e da Doncela. 

Xa daquela era a intención do Colectivo complementar estas xestións coa divulgación do pasado destes sitios. É por iso que agora, programaron un acto público e unha visita guiada á Cova do Santo Vello. A actividade terá lugar, se o tempo o permite, na área etnográfica da Ínsua moi preto da cova. Na mesa redonda participarán o estudoso Francisco Xavier Martinez Prieto, Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio e o xefe do servizo de arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio, Roberto Pena Puentes.

A actividade titulada “Que houbo en San Xoán Vello?” será o vindeiro sábado, 17 de xuño, ás 18:30 horas. Unha hora máis tarde, ás 19:30 está programada a visita guiada á cova.