Beiras de Viveiro organiza diversas actividades para este Nadal en Covas. Terán lugar do 23 de decembro ao 4 de xaneiro.

Beiras de Viveiro organiza diversas actividades para este Nadal en Covas. Terán lugar do 23 de decembro ao 4 de xaneiro.
 
A asociación Beiras de Viveiro organiza diversas actividades para este Nadal en Covas. O programa comeza o 23 de decembro, cunha Papanoelada Moteira. A partir das 18:00 horas haberá unha ruta polos locais de Beiras de Viveiro repartindo caramelos. É indispensable ir disfrazados de Papa Noel tanto os moteiros como os acompañantes, e os participantes poden desprazarse en calquera tipo de moto. Ao rematar celebrarase unha pinchada para todos os moteiros previa inscrición ese mesmo día. 
 
O 24 de decembro, ás 12:00 horas, terá lugar a visita do Apalpador. Esta persoaxe ven desde as montañas do Caurel para apalparlle a barriga aos máis pequechos e certificar que comeron ben durante todo o ano. Chegará cargado de castañas asadas que repartirá polos locais de Beiras de Viveiro. 
 
O 29 de decembro ás 23:30 horas na carpa da asociación, celebraranse as Campanadas Pre-fin de ano. Sustituiranse as tradicionais doce uvas por doce moras, e despois actuará o DJ Marco Fernández. 
 
O 2 de xaneiro haberá un  concerto solidario a prol do pobo saharaui. A partir das 18:00 horas recollerase material escolar e ás 22:00 horas haberá as actuacións de Lauriska (concursante de La Voz) e Óscar, Rebeca Macía e Alberto Romero e Felipe Sánches.
 
O 3 de xaneiro terá lugar un sorteo de 2.017 euros. Ás 22:30 horas na carpa, haberá este sorteo cun primeiro premio de 1.017 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 400 euros. O sorteo rematará cando aparezan os premiados e de seguido actuará o DJ Marco Fernández. 
 
Esta programación da asociación de comercio e hostelería Beiras de Viveiro rematará o 4 de xaneiro, coa actuación de Xilo, Lara e os Recanteiros do Luar 2016-2017. Será ás 22:00 horas na carpa da asociación.