inédita

05/05/2019

A exposición Bujados: bosquexos, poemas e documentos inaugurouse este sábado na Biblioteca Municipal de Viveiro, e inclúe unha colección de apuntamentos, bosquexos e debuxos orixinais do artista Manuel Bujados. A exposición  estará  aberta ata o 2 de xuño en horario de luns a venres de 16:30 a 20:30horas e o sábado de 11:30 a 13:30 horas. A mostra está organizada pola Deputación de Lugo, a Rede Museística Provinciale o Concello de Viveiro.

Bujados: bosquexos, poemas e documentosfundaméntase no legado que María LuísaBlascoBujados, sobriña do artista, entregou ao Museo Provincial de Lugo no 2016.Trátase dunha colección inédita e de gran importancia para profundar no coñecemento da obra de Bujados, no seu proceso creativo e na súa dedicación profesional á ilustración. A colecciónrecibiuun tratamento de conservación por parte do persoal...

leer más