Landrove, en Viveiro, celebra a súa VII Festa Labrega os días 13 e 14 de outubro

A asociación cultural deportiva Pequenos Pasos, de Landrove (Viveiro), organiza a sétima edición da Festa Labrega os días 13 e 14 de outubro, venres e sábado. O campo da festa estará no atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa.

As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica. A partir das 21:30 repartirán boliños preñados gratis e ás 22:00 horas actuará Amigos do Folk.

O sábado os actos comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo trío Zafiro e os asistentes poderán degustar pinchos labregos de tortilla, que venderán a 3 euros para os socios do colectivo organizador da festa e a 4 euros para os que non pertencen á asociación. Ás 16:00 horas comezarán as sextas Olimpíadas Rurais e ás 20:30 actuará o grupo Espera que vou mexar. A partir das 21:00 horas celebrarase a cea labrega, que incluirá cunca de caldo, cocido, café, pan e sobremesa (o prezo é de 10 euros para socios e de 14 euros para os que non o son).

Ás 23:00 horas comezará a verbena, amenizada polo trío Zafiro e Santi & María Barral.