O Concello de Cervo organiza un taller de manualidades con material reciclado o 24 de abril en San Ciprián

O Concello de Cervo organiza un taller de manualidades con material reciclado. Será este mércores de 17:30 a 19:30 horas na Casa do Mar, en San Ciprián.

“Este próximo mércores, 24 de abril, temos unha nova actividade enmarcada no programa Coida Cervo, Cervo ao carón do voluntariado. Será un divertido taller de manualidades con material de refugallo dirixido tanto ás crianzas como ás persoas adultas”, explica o Concello de Cervo.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Voluntariado, que está na Casa da Cultura, en San Ciprián, ou a través deo teléfono 982.59.51.57.