O Armarinho da Fátima, en Burela, acolle ata o 10 de xuño unha exposición de Álex Landim Correia. Trátase dunha mostra de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe.

O Armarinho da Fátima, en Burela, acolle ata o 10 de xuño unha exposición de Álex Landim Correia. Trátase dunha mostra de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe.
 
Desde a organización explican que “en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, o local da mercería O ArMarinho da Fátima acolleu a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia”.
 
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara de Burela, e ao deporte (está disputando a última fase da liga de ascenso á División de Honra coa S.D. Porto de Burela na liga de fútbol xuvenil).
 
A exposición estará aberta o 10 de xuño e poderá ser visitada durante o horario comercial (de luns a venres, durante a mañá e a tarde; e os sábados só polas mañás).