decoración

11/12/2022

Segundo explican desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro “poden participar todos os veciños e todos os establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local. 

Haberá 300 euros en premios para a Categoría de Veciños e outros 300 euros para a de Comercios.

As persoas ou establecementos interesados en participar poden consultar aquí as bases ou en www.viveirocentro.com ou obter máis información chamando ao 982550707, enviando un WhatsApp +34 650 50 67 17 ou escribindo á seguinte dirección de correo electrónico info@viveirocentro.com

 

21/12/2021

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.

 PREMIOS: 

 1º PREMIO: 300 €.
 2º PREMIO: 250 €.
 3º PREMIO: 200 €.
 4º PREMIO: 150 €.
 5º PREMIO: 100 €.

Consulta as bases e descarga o modelo de inscrición aquí  
https://cutt.ly/FY177oI

20/11/2020

O Concello de O Valadouro organiza o concurso Ilumina o Nadal. Haberá Certames de Balcóns, Fachadas e Ventás e de Escaparates.

O prazo de inscrición será desde o 26 de novembro ao 10 de decembro, ás 14:00 horas, e poderá facerse a través do correo concurso@valadouro ou medios telemáticos. A decoración deberá estar exposta, polo menos, entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro de 2021.

Repartiranse 1.000 euros en premios, consistentes en vales de compra no concello: 300€ para o primeiro, 250 euros para o segundo, 200 euros para o terceiro, 150 euros para o cuarto e 100 euros para o quinto.

 

28/10/2020

A Delegación de Mocidade do Concello de Mondoñedo organiza o I Concurso de Decoración Noite de Samaín.

Os participantes terán que decorar a fachada da súa casa, ventás, portas ou entradas visibles, coa temática propia do Samaín. Valorarase a fachada máis orixinal e a decoración realizada con materiais de refugallo e deberá permanecer decorada ata o día 1 de novembro.

Poderán participar todos aqueles particulares, propietarios ou inquilinos tanto da zona urbana como rural do concello mindoniense. As solicitudes terán que presentarse nas oficinas do Concello de Mondoñedo, no teléfono 982 524 003 ou na dirección de correo electrónico xuventudemondonedo@gmail.com. Deberán adxuntarse imaxes da decoración ás solicitudes e o prazo para presentalas remata o día 31 de...

leer más
Etiquetas:
08/01/2020

Naná e La Solana foron os gañadores do Concurso de Decoración de Nadal convocado por Acisa Ribadeo. 

A directiva de Acisa explicou que “na categoría de comercio o gañador foi Naná, pola orixinalidade no deseño decorativo, pola combinación de diferentes elementos e pola súa elegancia”. Naná recibirá 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa e un trofeo. 

Desde Acisa engaden que “na categoría de hostalería o vencedor foi o restaurante La Solana pola integración da decoración no local, a orixinalidade e a utilización do espazo axeitado para decorar”. La Solana recibirá tamén 100 euros en vales de compra e trofeo. 

O fallo do xurado xa lles foi comunicado aos gañadores. Os premios serán entregados na cea de gala de Acisa Ribadeo, que se celebrará o...

leer más
Etiquetas:
07/01/2020

Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal, que acaba de rematar, os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez. 

E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Foron: Chuvia e Vas’s Outlet.

O Concurso de Escaparates desenvolveuse do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. O CCA estableceu varios premios, consistentes en diplomas e obsequios. Uns para os escaparates que recibiron máis apoios en facebook e outros para os elixidos polo xurado profesional que avaliou as diferentes decoracións presentadas ao certame.

E a imaxe gañadora do Concurso de Nadal no Fogar foi a publicada nas redes como Navidad 1. Desde o CCA lembraron que  “para decorar os fogares os participantes puideron empregar todo tipo de materiais e detalles. Pero...

leer más
04/12/2019

Neste Nadal Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados para dar información aos visitantes durante estas datas festivas. 

Segundo explican desde a directiva de Acisa “os novos rueiros están pensados para que os hoteis poidan informar aos seus clientes de forma rápida e eficaz. Levan un listado onde están tódolos establecementos asociados, e no que se poden consultar tendas, bares, restaurantes.... E ademais proponse unha ruta turística da vila, percorrendo os principais lugares de interese”.

Este material foi editado e repartido por Acisa, en colaboración co Concello de Ribadeo, no marco das actividades conxuntas do convenio firmado entre ambas entidades.

Dende a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos cren que “se...

leer más
Etiquetas:
19/12/2018

O Concello de Alfoz convoca o II Concurso “A túa decoración de Nadal” que consiste en fotografar decoracións de Nadal propias e compartilas na páxina de FacebookCultura Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe  levar título e o nome do autor. 

 O prazo para participar e votar as fotografías será dende o xoves 20 de decembro ata o venres 4 de xaneiro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura Turismo ALFOZ irá engadindo ao álbum II Concurso de Nadal: “A túa Decoración de Nadal” todas as fotos e soamente dende aí se poderán votar. Contabilizaranse os “me gustas” recibidos en cada foto do álbum.

 Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura Turismo ALFOZ e...

leer más