O Concello de O Valadouro organiza o concurso Ilumina o Nadal para adornar balcóns, ventás, fachadas e escaparates. Hai 1.000 euros en premios.

O Concello de O Valadouro organiza o concurso Ilumina o Nadal. Haberá Certames de Balcóns, Fachadas e Ventás e de Escaparates.

O prazo de inscrición será desde o 26 de novembro ao 10 de decembro, ás 14:00 horas, e poderá facerse a través do correo concurso@valadouro ou medios telemáticos. A decoración deberá estar exposta, polo menos, entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro de 2021.

Repartiranse 1.000 euros en premios, consistentes en vales de compra no concello: 300€ para o primeiro, 250 euros para o segundo, 200 euros para o terceiro, 150 euros para o cuarto e 100 euros para o quinto.