O Concello do Valadouro convoca o II Concurso de Escaparates e Decoración Ilumina o Nadal, que repartirá 1.000 euros en premios.

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.

 PREMIOS: 

 1º PREMIO: 300 €.
 2º PREMIO: 250 €.
 3º PREMIO: 200 €.
 4º PREMIO: 150 €.
 5º PREMIO: 100 €.

Consulta as bases e descarga o modelo de inscrición aquí  
https://cutt.ly/FY177oI