Os Bolechas estarán en Barreiros o 27 de xullo. A actividade "Somos unha gran familia" está dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acollerá unha actividade de dinamización lingüística, que terá lugar este sábado, 27 de xullo, ás 12:00 horas.

Estará protagonizada por Os Bolechas e leva por título "Somos unha gran familia". Trátase dunha actividade participativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco.

Incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.