Día Internacional

26/03/2015
O Bordelo representará este domingo, 29 de marzo, en Barreiros a obra "O reparto".
 
Este domingo, 29 de marzo, haberá teatro en Barreiros. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18 horas o grupo O Bordelo representará a obra de Francisco Piñeiro O reparto.
A entrada é gratuíta. E con esta posta en escena “celebraremos o día internacional do teatro”, explican desde o Concello barreirense. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.