Programación
A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, celebra o Día da Biblioteca, que se conmemora o vindeiro 24 de outubro, cunha programación especial dirixida a públicos de diferentes idades que se desenvolverá do 19 ao 30 de outubro. Este ano, a celebración está marcada polo lema Sen profesionais non hai biblioteca, unha mensaxe que pon en valor o papel fundamental das bibliotecas públicas e das persoas que traballan nelas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, destaca a importancia de aproveitar esta celebración para achegar a biblioteca á cidadanía e mostrar todas as posibilidades que ofrece como espazo de lectura, encontro, aprendizaxe e participación: “o Día da Biblioteca é unha oportunidade para lembrar que as bibliotecas son moito máis ca lugares onde se gardan libros: son servizos públicos vivos, abertos a...
leer másO Concello de Burela continúa coa axenda cultural de outono da Casa da Cultura, unha proposta que reúne diferentes disciplinas artísticas e ofrece alternativas para públicos de todas as idades ata decembro.
“A programación de outubro arrancou o pasado venres co espectáculo O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, e Os descontacontos, de Galitoon, ademais do obradoiro de monicreques de calcetín”, explica o Concello de Burela, que engade: “de aquí en diante este ciclo de outono dará cabida ao teatro da man de compañías como Ibuprufeno Teatro, Trípode Teatro, Elefante Elegante, Neboa Events ou o grupo de teatro Ardora; ademáis do monólogo Moi Animal, de Touriñán, ou a proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia”.
Tamén anuncia que “a música...
leer másO Concello de Foz preparou para este outono unha programación cultural que ocupa todas as fins de semana dos meses de outubro e novembro. Está centrada no teatro e no cine.
“A finalización do verán non foi un punto e a parte para a nosa programación, foi un punto e seguido. Cambiamos os espazos exteriores polos interiores e houbo unha moi boa aceptación do público do programa de teatro afeccionado, que se levou a cabo por Pico do Castro e Fegatea, e o novo ciclo Domingos de cine en Foz, que organiza o concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Academia Galega do Audiovisual”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “outubro comezou co mellor teatro galego, coa obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, e continuamos este venres 9 ás 20.30 horas na Sala Bahía con As Gardiás...
leer másViveiro participará durante o mes de outubro na quinta edición dos Días da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, unha iniciativa internacional que busca achegar á cidadanía o patrimonio e as tradicións vinculadas a estas celebracións tamén fóra das súas datas habituais, anuncia o Concello de Viveiro.
A programación comezará cunha exposición fotográfica sobre a Semana Santa de Viveiro da fotógrafa María San Isidro, que poderá visitarse nos claustros da igrexa de San Francisco.
O sábado 3 de outubro celebrarase unha xornada de portas abertas da Exposición Permanente da Semana Santa de Viveiro, tamén nos claustros de San Francisco, en horario de 10:00 a 21:00 horas. Durante a xornada haberá tamén unha degustación do Pan dos Apóstolos, doce típico da Semana Santa viveirense.
...
leer másBurela inicia o mes de agosto coa vista posta na eclipse solar total que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, xa que, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o municipio será un dos mellores lugares de España para observar este fenómeno, cunha duración da totalidade de preto de 1 minuto e 49 segundos.
Ante esta oportunidade, a Deputación de Lugo e o Concello de Burela desenvolverán unha programación especial para que veciños, veciñas e visitantes poidan vivir este acontecemento astronómico nas mellores condicións. A Deputación patrocina as actividades que se desenvolverán no marco de Produart e da Feira do Bonito, así como o reparto gratuíto de lentes homologadas para a observación segura da eclipse.
As lentes entregaranse durante as actividades específicas organizadas arredor da eclipse e tamén...
leer másO Concello de Foz presenta a súa programación cultural de primavera, na que predominan o teatro e a música, pero inclúe tamén festas e máis actividades.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto anuncia que “a primavera en Foz chega con sol, flores e moitos eventos culturais. Esta semana, o venres, recibimos a obra Un deus salvaxe, da compañía Talía Teatro. É unha peza onde dúas parellas se atopan para discutir sobre o comportamento dun dos seus fillos, que golpea cun pau a outro”. Será ás 20.30 horas na Sala Bahía.
Inés López Couto engade: “non só teremos teatro para adultos, gozaremos de moita música, cos concertos da Banda de Música de Foz os días 28 de marzo, 25 de abril e 16 de maio. Tamén organizamos sesións escolares para os máis pequenos o día 9 de abril con Tanxarina teatro e o 30 de abril para...
leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), ven de presentar a programación con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, cun conxunto de actividades dirixidas a diferentes públicos e idades, co obxectivo de seguir avanzando na sensibilización, na educación en igualdade e na reflexión colectiva arredor dos dereitos das mulleres.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “a programación arrinca o día 25 de febreiro coa posta en marcha dos obradoiros afectivo-sexuais impartidos pola cooperativa Prisma, dentro do programa O Concello cos Coles. Estes obradoiros están dirixidos ao alumnado de 3° e 4° de ESO, ao alumnado de FP básica e de 5º e 6º de Educación Primaria e abordarán cuestións fundamentais como a educación emocional, o respecto nas relacións, os...
leer másO Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do 13 ao 18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña.
O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido. No apartado de premios establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.
A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas,...
leer másO Concello de Foz presentou a programación completa do Entroido, que inclúe actividades desde o día 31 de xaneiro ata o 20 de febreiro.
“O Entroido é para Foz unha das épocas de máis actividade e emoción. Para grupos e peñas son meses de traballo nos que confeccionan vistosos traxes, artiluxios e carrozas que fan as delicias de xente de tódalas idades”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que anuncia: “a partir da próxima semana estará habilitado o formulario na sede electrónica do Concello para a inscrición no desfile de Foz. Estará aberto ata o xoves 12 ás 14.00horas. Non se permitirán inscricións o mesmo día do desfile. Tamén poderán inscribirse no rexistro do Concello. Os grupos, comparsas e carrozas que queiran participar no sorteo de postos deberán anotarse antes do luns 9 ás 14.00 horas. O sorteo será na Casa da...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, María Dolores Meitín, veñen de presentar a programación de actividades culturais de Nadal, “deseñada para ofrecer diversión e maxia a toda a veciñanza que queira acercarse a desfrutar nestas datas tan entrañables. O programa cultural para este Nadal desenvolverase ata o 5 de xaneiro e inclúe unha ampla variedade de propostas que combinan tradición e entretemento e pensando sempre en tódalas idades”.
O Concello de Xove anuncia ademais que “relevantes son tamén as actividades propostas dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local para este Nadal coa organización da VII Gala do Emprendemento Local, un cabaret guiado por Dani Ríos para tódolos públicos, e do mercado de Nadal O faio de Generosa, que a maiores nos deleitará coa participación do grupo...
leer más












