Saúde Mental

19/04/2022

A Fundación Expomar organiza as Xornadas de nutrición e saúde mental “Mens Sana in Corpore Sano” para o vindeiro 28 de abril co fin de abordar a importancia do sector pesqueiro no consumo tanto para o coidado da saúde mental como para soster unha boa alimentación.

A Fundación promove entre o 28 de abril e o 12 de maio diferentes actividades, como unha charla informativa sobre nutrición, unha mesa redonda sobre a saúde mental na Mariña Lucense e diversas degustacións de peixe nos locais da Fundación Eu Son en Burela e na residencia da Asociación de Saúde Mental A Mariña en Cervo.

O Alcalde e Presidente da Fundación, Alfredo Llano, abrirá esta primeira xornada do 28 de abril integrada por expertos na materia, nunha aposta por “afondar e dar a coñecer aspectos que contribúen a mellorar a saúde das persoas, tendo o...

leer más