Alpuxarradas

05/02/2016
Este sábado, 6 de febreiro, en Viveiro terán lugar as Alpuxarradas. A cita será no Teatro Pastor Díaz a partir das oito da tarde.
 
Mañá, sábado, terá lugar en Viveiro o Certame de Alpuxarradas, un dos pratos fortes do Entroido. O evento será presentado por Eduardo Lorenzo e Adrián Silvent. A cita dará comezo ás 20:00 horas.
 
A venda de entradas será a partir das 19 horas. O prezo é de 2 euros e venderanse catro por persoa. 
 
04/02/2015
Os actos do Entroido de Viveiro 2015, organizado polo Concello, empezarán o sábado 14 e rematarán o mércores 18 de febreiro.
 
Os actos do Entroido de Viveiro 2015, que organiza o Concello, empezarán o 14 de febreiro, sábado, e rematarán o día 18 deste mes, mércores.
A primeira actividade será o Certame de Alpuxarradas, que terá lugar no teatro Pastor Díaz o sábado 14 a partir das 20 horas. Contará coa actuación da charanga Tastarabás. O luns 16 será o día infantil, no que haberá xogos para nenos e nenas na Praza Maior de 16:30 a 20:30 horas, discoteca móbil dende as 18 ás 21 horas e pasarrúas a cargo da charanga Tastarabás. O martes 17 celebrarase o desfile pola Travesía da Mariña, que empezará ás 17 horas. Ao rematar farase a entrega de premios na Praza Maior.
Os actos rematarán o mércores 18 co Enterro da Sardiña. Ás 12 horas haberá a recepción de...
leer más