Portas abertas

Etiquetas:
19/06/2026

A Aula Universitaria da UNED de Foz celebrará do 22 ao 26 de xuño unha semana de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer a súa oferta formativa, instalacións e servizos á cidadanía.

A iniciativa está dirixida a estudantes potenciais, familias e persoas interesadas en continuar ou retomar os seus estudos a través da educación a distancia.

Durante estes días ofrecerá sesións informativas sobre os cursos de acceso, graos, idiomas e posgrao, así como orientación personalizada por parte do persoal da aula. As persoas asistentes tamén poderán visitar as instalacións e coñecer os recursos dispoñibles. Non é necesaria inscrición previa, xa que se trata de visitas libres dentro do horario de 9:00 a 13:00 horas.

A coordinadora da aula, Marta Muiña, destaca que “estas xornadas son unha...

leer más
21/05/2026

As Escolas Deportivas Burela FS abren o prazo de inscrición para as Xornadas de Portas Abertas deste verán, na que nenas e nenos de entre 5 e 17 anos (dende a categoría biberón a xuvenil, feminino e masculino) poderán probar de forma totalmente gratuíta “un dos deportes máis practicados e seguidos na comarca e, sobre todo, na vila de Burela”.  

“A histórica entidade, que este ano cumpre os 25 anos, está conformada por 20 equipos e forman parte dela 210 deportistas, sendo recoñecida a nivel nacional e mundial polos seus dous equipos sénior que compiten nas máximas categorías. Como non podía ser menos, contará cos mellores técnicos profesionais, xogadores/as dos equipos sénior para dirixir as diferentes categorías deste evento ao que cada edición asisten numerosos nenos e nenas que, ademais de aprender conceptos básicos da disciplina, asimilan valores deportivos e prácticas...

leer más
24/04/2025

Ribadeo acollerá este sábado, día 26 de abril, unha xornada de portas abertas de Kung Fu. Será no pavillón da rúa Alfredo Deaño.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas e será impartida por Héctor Peña Díaz, que é 3º duan de Kung Fu – Taijiquan RFEK e DA e 3º duan de Kung Fu – Qi Gong RFEK e DA. E de 13 a 13:30 horas haberá unha exhibición de Tai Chi”.

O edil ribadense contou que “o temario que se abordará para quentamento será Chi Kung de acondicionamento xeral; para principiantes, movementos básicos; e para avanzados, forma de pau de cella de Tai Chi estilo Chen”.

Silvent anima “os amantes desta disciplina deportiva a achegarse o vindeiro sábado ao pavillón da rúa Alfredo Deaño”.

... leer más
12/09/2024

O Concello de Barreiros organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades das súas escolas deportivas para a tempada 2024/25. Serán desde o luns 16 ata o xoves 19 de setembro.

“Convidámosvos a descubrir as actividades deportivas que temos preparadas para esta nova tempada! Se tes fillos/as con interese en deportes como atletismo, fútbol sala, patinaxe, karate ou skate achégaos para que poidan probar estas disciplinas, coñecer ao monitorado e resolver calquera dúbida ou información que precises. Unha oportunidade perfecta para que as máis pequenas/os se inicien no deporte dun xeito divertido e saudable. Logo, xa en abril, organizaremos unha xornada de portas abertas de surf na praia de Coto. E non esquezas, as inscricións estarán abertas ata o 24 de setembro”, anuncia o Concello de Barreiros.

 

Etiquetas:
09/09/2024

A coordinadora da UNED de Foz, Marta Muíña, e a concelleira da Aula, Elena Martínez, anuncian unhas Xornadas de Portas Abertas, “unha oportunidade única para que a comunidade coñeza de preto a oferta formativa e as instalacións do centro. O evento, que terá lugar do 23 ao 27 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 15:30 a 20:30 horas, está dirixido a estudantes potenciais, familias e calquera persoa interesada na educación a distancia”.

A concelleira Elena Martínez explica que “estas xornadas son unha excelente oportunidade para que os interesados descubran todo o que a UNED Foz ofrece. O obxectivo é dar a coñecer a oferta formativa e a súa metodoloxía semipresencial”.

A coordinadora da aula indica que “durante as Xornadas de Portas Abertas os asistentes poderán participar en sesións informativas sobre os diversos...

leer más
05/09/2024

O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza xornadas de portas abertas no pavillón de Marzán este xoves, día 5 de setembro, o martes 10 e o xoves 12 deste mes, de 17:00 a 18:00 horas.

Son para categoría benxamín, persoas nacidas nos anos 2015 e 2026, e para alevín, nacidos nos anos 2013 e 2014.

25/06/2024

O Concello de Viveiro anuncia unha xornada de portas abertas que o Conservatorio Profesional de Música organiza para este xoves, día 27 de xuño.

A xornada está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, poderán probar os instrumentos e non é necesario anotarse, bastará con acercarse ao conservatorio en horario de 16:30 a 18:30 horas.

“Para o Concello de Viveiro, o ensino musical desde idades moi temperás é unha prioridade, polo que animamos a participar nesta xornada”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.

Para máis información sobre a xornada pódese acudir á secretaría do centro ou chamar ao teléfono 982.56.04.86.

Por outra parte, o Conservatorio informa tamén de que se amplía o prazo para os alumnos que desexen matricularse en 1º de...

leer más