Recepción

22/09/2021

O Concello de Viveiro organiza unha recepción oficial ao atleta olímpico Adrián Ben este sábado, 25 de setembro, ás 13:30 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello.

Tras ser recibido pola corporación municipal Adrián Ben asinará aos nenas e nenas que se acheguen unhas tarxetas de recordo que o Concello de Viveiro preparou para conmemorar a participación do viveirense nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

O Concello de Viveiro realizará esta recepción, que non puido celebrarse antes por compromisos do atleta, á espera de fixar a data na que terá lugar o acto de entrega da distinción de Fillo Predilecto. Dita distinción fora acordada polo Pleno Municipal en data 4 de agosto de 2021.

O Concello de Viveiro pretende con esta recepción amosar o seu recoñecemento cara a Adrián Ben, quen foi 5º na...

leer más
02/01/2021

Os Reis Magos chegarán a Lourenzá o vindeiro martes, 5 de xaneiro, e recibirán aos nenos e nenas do municipio.

“Seguindo as normas anti-covid, este ano a Cabalgata dos Reis non percorrerá as rúas de Lourenzá e o Concello decidiu que as Maxestades de Oriente recibirán aos nenos e nenas nos baixos do Concello de 5 a 7 da tarde. Tomaranse todas as medidas hixiénicas e de distancia para que a visita sexa o máis segura posible”, explica o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

 

Etiquetas:
29/12/2020

Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello de Xove decidiu cancelar  a recepción das Súas Maxestades os Reis Magos, que estaba prevista no pavillón municipal de deportes para o vindeiro martes, 5 de xaneiro. Desde o Concello subliñan que “loxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante”. 

A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares do Covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por todas as casas dos nenos e neas de Xoveo na medianoite do 5 para o 6.  Polo tanto, desde o Concello animan a todos e todas  a que esperen con ilusión esa máxica noite.