Riotorto celebra o 126 aniversario de Avelino Díaz os días 17 e 18 de novembro

Riotorto celebra o 126 aniversario do nacemento en Órrea do xornalista e escritor Avelino Díaz. Para iso haberá actividades esta fin de semana, venres 17 e sábado 18 de novembro.

O venres ás 20:00 horas terá lugar na Escola de Órrea a presentación dun disco con doce poemas de Avelino Díaz musicalizados polo grupo A Quenlla.

E o sábado a partir das 16:00 horas haberá unha polavila en Riotorto. No programa de actividades para esta xornada inclúese unha homenaxe ao grupo Hermanos Baltasar, con Armando Clarines; obradoiro de baile a cargo de Víctor e Rebeca, da Pastoriza; exposición de instrumentos musicais, pasacalles, concertos, foliada aberta e degustación de castañas asadas. Haberá carpa.

Esta iniciativa está organizada polos concellos de Riotorto e Meira e a asociación cultural Avelino Díaz.