Shiifos
A empresa produtora de setas Shiifos integrouse recentemente na Asociación de Comerciantes, Industriais e Servizos (ACISA) de Ribadeo para “apoiar o comercio local e poñer en valor os produtos de proximidade e calidade”, explica o xerente da firma, Jesús López Penabad, quen lembra que Shiifos “naceu como consecuencia dunha carta enviada polo anterior alcalde, Fernando Suárez, na que dicía que ao redor das vivendas tiña que haber unha franxa de protección e que había que cortar os eucaliptos, pero foi unha confusión porque realmente no meu monte non había desas árbores senón unha masa de frondosas, que foi plantada por meu pai hai case 40 anos”. A finca, que está en Remourelle, chámase Cerrado do Muín, porque estaba pechada con pedra e ten un muíño.
Jesús López Penabad tamén comenta: “naquel momento decidín facer un clareo na masa de...
leer más



