O Concello de Alfoz organiza o 23 de outubro unha visita didáctica á Finca Galea. É necesario inscribirse para participar.

O 23 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a primeira das visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluídas no Plan Único da Deputación Provincial. 

Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no século XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC. 

Para asistir é necesaria inscrición previa no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.