Económico

Etiquetas:
13/09/2021

O Concello de Viveiro presentou unha nova iniciativa, neste caso o ‘I Foro Económico de Viveiro’, que se celebrará o 30 de outubro en xornada de mañá.

O foro foi presentado pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o voceiro do grupo municipal Por Viveiro, Bernardo Fraga. 

“Queremos que esta xornada de debate sexa un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro, nun momento de grandes preocupacións e inquedanzas na sociedade”, anunciou Loureiro.

Esta nova iniciativa xurde do acordo do equipo de goberno con Por Viveiro para a aprobación dos orzamentos e dos plans de reactivación económica derivados da pandemia. O foro será no hotel Talaso Las Sirenas e o concello invitará aos empresarios e autónomos do municipio. Aqueles que non poidan asistir por...

leer más
Etiquetas:
26/09/2019

O vindeiro 3 de outubro terá lugar a segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña. A cita estará centrada en Alcoa. O título elixido é A Mariña sen Alcoa. Ameaza ou oportunidade. 

A mesa de análise terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao ás 19:30 horas. Contará coa participación dos alcaldes de Barreiros, Burela e Cervo, Ana Ermida, Alfredo Llano e Alfonso Villares, respectivamente, e estará moderada pola periodista Carmen Cruzado.
Desde o Foro Económico da Mariña explican que “con esta charla no Foro Económico da Mariña retomamos a actividade despois do verán, tratando un tema de actualidade para a nosa comarca, como é o risco de que peche a principal industria que temos nesta zona, coas consecuencias que para a nosa economía levaría apegadas pola destrución de miles de postos de traballo”.

O...

leer más
Etiquetas:
15/03/2019

O vindeiro xoves, 21 de marzo, terá lugar o I Foro Económico da Mariña que analizará A distribución e comercialización do peixe. Situación actual e perspectivas. No evento participarán como poñentes Eduardo Míguez, de Puerto de Celeiro; Miguel Neira, de Absa; Sergio López, da OPP de Lugo; así como un representante de Adexmar. 

Con esta cita dan comezo as actividades do Foro Económico da Mariña, que organiza a asociación do mesmo nome, e que pretende ser un punto de unión e encontro para os empresarios da comarca. 

Adrián Piñón, secretario do Foro Económico da Mariña, explica que “o primeiro Foro Económico da Mariña, tratando de situalo en diferentes sectores como se pretende, imos centralo neste caso no tema da distribución e a comercialización do peixe. Cremos que este é un sector fundamental para a comarca e por...

leer más