Vilalba

Etiquetas:
18/03/2023

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro mantivo unha reunión coa comisión organizadora das xornadas homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao.

Os representantes da comisión  - Jose Luis Fernández Ansedes, da Asociciación Abrindo Camiño, o escritor e cronista oficial de Mondoñedo Antonio Reigosa, o antropólogo e investigador da USC Daniel Vázquez e o concelleiro mindoniense Eloi Cabanas - expuxeron as liñas xerais do proxecto,  que pretende visibilizar e divulgar a súa vida e obra na docencia, na labor societaria e na defensa dos dereitos das mulleres, con diferentes actividades, a desenvolver entre La Habana, Mondoñedo e Vilalba desde o vindeiro 29 de marzo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará na documentacion e difusión das xornadas que se celebren no marco deste...

leer más
Etiquetas:
07/12/2017

A empresa chairega Champivil-Castelo, especializada en produtos naturais de Galicia, comercializará por primeira vez este ano capóns de Vilalba baixo o distintivo de calidade Indicación Xeográfica Protexida Capón de Vilalba. Champivil cría con esmero desde o pasado mes de marzo medio cento de capóns que superan xa os 5 quilos de peso e que porá á venda o vindeiro día 21 de decembro coincidindo coa Feira do Capón que se celebra na capital da Terra Chá.  

A xerente de Champivil, Luz Divina Castelo, explica que "se algo caracteriza a Champivil desde hai décadas é a posta en valor dos produtos tradicionais galegos, así que este ano quixemos render homenaxe ao capón de Vilalba, un produto de toda a vida que ven de ser recoñecido recentemente co distintivo de calidade IXP por parte da Unión Europea". O medio cento de capóns que Champivil cria de...

leer más
29/06/2017

A empresa galega Champivil-Castelo, especializada na transformación de produtos autóctonos naturais e que lidera o envasado de grelos e de setas en Galicia, convidará a unha persoa a presenciar os concertos de 30 bandas no Resurrection Fest. En concreto, o gañador poderá escoitar o sábado 8 a bandas de sona mundial como Arch Enemy, Bury Tomorrow, Mastodon, Morphium, Rancid, Sabaton, Besta, Krisiun, Lords of Black, Mayhem, Mutant, Obituary, Revolution Within, Taake, Adhesive, Agnostic Front, All Out War, D.Y.S., Talco, The Blackjaw, Undeclinable Ambuscade, Band Contest, WTF, Conan, Degraey, Mantar, Orange Goblin, Pentagram, Porco Bravo, Quaoar e Band Contest, repartidas todas elas nos catro escenarios cos que conta o festival. 

A empresa chairega, especializada en transformar e comercializar produtos autóctonos galegos, acudirá este ano por...

leer más