Marca Persoal

Etiquetas:
01/10/2015
Os días 7 e 8 de outubro terá lugar en Ribadeo un curso de "Branding para emprendedores". A inscrición está aberta.
 
Ribadeo acollerá un curso de Branding para emprendedor@s os días 7 e 8 de outubro. Está organizado pola Área de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio e enmárcase dentro do programa Ribadeo Medra Contigo. 
A edil Ana Martínez sinala que “hoxe é en día, definir a marca, é fundamental para darnos a coñecer entre o público. A creación dunha marca é  posiblemente  unha das mellores estratexias de márketing, especialmente nestes tempos onde hai unha ampla oferta de produtos”.  
A concelleira de Desenvolvemento Local sinala que “neste senso , saber quen somos para saber onde estamos e por ende porque nos diferenciamos dos demais é  imprescindible para crear unha marca que presente un valor engadido...
leer más
17/11/2014
Burela acollerá este mércores un curso de formación para mulleres sobre Personal Branding e Marca Persoal.

 

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e o Centro de Información ás Mulleres, organizan para este mércores, 19 de novembro, un curso sobre Persoal Branding e Marca Persoal dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo en horario de 10 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde, e será impartida na Aula de Familia da Casa da Cultura burelesa. As interesadas poden anotarse no CIM, presentando o seu DNI e cumprimentando a solicitude de inscrición pertinente. O curso conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade dependente de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e tamén co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.

... leer más