Peregrino

Etiquetas:
05/07/2021

O parque de San Francisco acolleu esta mañá a presentación de Ribadeo, prepara o teu camiño, un catálogo interactivo de produtos e servizos para o peregrino no que participan medio cento de empresas locais. No acto compareceron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. E asistiron representantes das firmas adheridas, que se converten en Establecementos amigables co peregrino. Grazas ás novas tecnoloxías os camiñantes poderán selar as súas credenciais cos seus dispositivos móbiles. 

Vizoso Galdo explicou que “este proxecto, que naceu hai uns meses promovido polo Concello e que lle puxemos como denominación Ribadeo, prepara o teu Camiño, hoxe ve oficialmente a luz, despois de moitas horas de traballo, vicisitudes e as complicacións dos últimos meses, que todos coñecedes”.

O edil ribadense...

leer más
21/06/2021

Hoxe foi inaugurada en Ribadeo a oficina de información ao peregrino. Esta actuación forma parte dun dos obxectivos do obradoiro dual de emprego RibadeoXCamiño, que botou a andar en decembro. A instalación estará atendida polo alumnado do devandito obradoiro de luns a venres. De luns a mércores o horario será de 10:30 a 15:00 horas e os xoves e venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas.

Na súa intervención o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “eu recuperei unha parte da presentación que tivéramos alá polo mes de decembro, cando se iniciara o obradoiro e recordo que nos marcábamos dous obxectivos, un deles era o deseño, planificación e desenvolvemento da oficina de información ao peregrino e o por outro lado, o centro de interpretación do Santuario das Virtudes, ao mesmo tempo que se buscaba, ao ser un...

leer más
27/05/2021

O 12 de xuño darán comezo as XIV Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño-Mondoñedo na Lembranza. 

A primeira xornada abordarase a Lembranza da Emigración en América. Continuarán o seguinte sábado, 19 de xuño, co tema Lembranza da Historia de Mondoñedo, e rematarán os días 3 e 4 de xullo coa Romaría na Área Recreativa de A Fervenza de Viloalle.

A xornada do 12 de xuño dará comezo co descubrimento dunha placa conmemorativa en homenaxe á emigración, no Parque da Lembranza. Deseguido, no cemiterio vello, celebrarase unha ofrenda floral a ilustres devanceiros como Manuel Leiras Pulpeiro, Pacual Veiga e Álvaro Cunqueiro. Ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal Pascual Veiga, terá lugar o acto de inauguración oficial das xornadas cunha charla-coloquio, sobre Lembranza da Emigración en América, na que intervirán como...

leer más
06/07/2018

O coro Mestre Pacheco, de Mondoñedo, actuará este sábado, día 7 de xullo, ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá. Este concerto está incluído nos actos programados entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá con motivo das XI Xornadas do Peregrino.

Nesta actuación serán interpretada unha selección coral de temas da obra O amor de Afonso Reimúndez, con texto de Xosé Peinó e música de Xan Carballal, que se presentará o mesmo día ás doce do mediodía na Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo.

 

20/06/2018

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XI Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, organizadas pola entidade do mesmo nome e que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de xullo en Mondoñedo e Lourenzá.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da Asociación Abrindo Camiño, José Luís Fernández; as alcaldesas de Mondoñedo e Lourenzá, Elena Candia e Rocío López respectivamente; o deputado provincial Eduardo Vidal, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.

As xornadas homenaxean  o 25 aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade e o terceiro da do Camiño Norte, e tamén lembrarán a figura de Santiago Iglesias Dobarrio, directivo fundador da entidade organizadora, cunha actuación musical e a...

leer más