O coro Mestre Pacheco, de Mondoñedo, actuará este sábado, día 7, en Lourenzá. O evento inclúese nas XI Xornadas do Peregrino.

O coro Mestre Pacheco, de Mondoñedo, actuará este sábado, día 7 de xullo, ás 20:30 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá. Este concerto está incluído nos actos programados entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá con motivo das XI Xornadas do Peregrino.

Nesta actuación serán interpretada unha selección coral de temas da obra O amor de Afonso Reimúndez, con texto de Xosé Peinó e música de Xan Carballal, que se presentará o mesmo día ás doce do mediodía na Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo.