Puzzles
Este xoves, día 20, ábrese o prazo para apuntarse ao primeiro evento destas características que terá lugar en Ribadeo.
O concurso, no que se participa por parellas, celebrarase o vindeiro 15 de marzo na Escola Municipal de Música de Ribadeo a partir das 11.30 horas.
A parella gañadora será aquela que antes remate un quebracabezas de 500 pezas, sendo 2 horas o tempo máximo.
Haberá premios para as tres parellas máis rápidas así como tamén para a primeira parella local.
A iniciativa desde evento xorde de socias de Aepuzz (Asociación Española do Puzzle) e aficionadas locais, e está respaldada por Aepuzz ademáis de polo Concello de Ribadeo, a Asociación SwingEo, Acisa e colaboradores privados como Gráficas Iriarte, Manualidades Marta, Trece Eventos, Sibimar...
leer más