O 15 de marzo celebrarase en Ribadeo o 1º Puzzleo por parellas. A inscrición para participar no evento ábrese o 20 de febreiro.

Este xoves, día 20, ábrese o prazo para apuntarse ao primeiro evento destas características que terá lugar en Ribadeo.

O concurso, no que se participa por parellas, celebrarase o vindeiro 15 de marzo na Escola Municipal de Música de Ribadeo a partir das 11.30 horas. 

A parella gañadora será aquela que antes remate un quebracabezas de 500 pezas, sendo 2 horas o tempo máximo.

Haberá premios para as tres parellas máis rápidas así como tamén para a primeira parella local. 

A iniciativa desde evento xorde de socias de Aepuzz (Asociación Española do Puzzle) e aficionadas locais, e está respaldada por Aepuzz ademáis de polo Concello de Ribadeo, a Asociación SwingEo, Acisa e colaboradores privados como Gráficas Iriarte, Manualidades Marta, Trece Eventos, Sibimar Comunicación, Bis a Bis e Doctor Panush.

A inscrición farase a través da páxina de Aepuzz www.aepuzz.es, cun prezo 14 euros por parella e un desconto de 2 euros por persoa para ribadenses.