Roteiro

Etiquetas:
08/09/2015
A asociación burelesa Pasada das Cabras organiza unha ruta a Valporquero (León) o vindeiro sábado, 12 de setembro. A inscrición está aberta.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o día 12 de setembro unha ruta a Valporquero (León), con visita á cova e percorrido de catro quilómetros. Trátase dun tramo de dificultade baixa .
O prezo para os socios é de 25 euros e de 30 para os que non formen parte da asociación Pasada das Cabras.  A entrada á cova está subvencionada polo colectivo organizador e a taxa a pagar inclúe viaxe, seguro e comida. A saída está prevista para ás 7 de mañá dende a estación de autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 58 05 04 antes do 10 de setembro ás 20 horas.  
Esta ruta está patrocinada polo Concello de Burela.   
Etiquetas:
07/09/2015
Os Sendeiros de Foz organizan o 19 de setembro o noveno encontro "Río Ouro e Praias de Foz". A inscrición está aberta.

 

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 19 de setembro o seu noveno encontro de sendeirismo “Río Ouro e Praias de Foz”. O punto de encontro será a Praza de Conde de Fontao e a inscrición debe facerse antes do día 11 nos teléfonos 696 236 020 (Luciano) ou 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo por participante é de 2 euros. A organización informa que “non se inclúen seguros de accidente, sendo responsabilidade de cada un os danos que poidan sufrir”.

Etiquetas:
03/09/2015
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, asistirá ao roteiro literario "Leiras Pulpeiro" en Mondoñedo. Será este sábado, 5 de setembro.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto asistir o sábado, día 5 de setembro, ao Roteiro Turístico Literario "Leiras Pulpeiro" en Mondoñedo invitados polo Grupo Literario do mesmo nome.
Trátase dun roteiro guiado con saída ás 11 da mañá da Oficina de Turismo de Mondoñedo ata a Area Recreatíva de "A Fervenza" de Viloalle onde a chegada haberá un xantar campestre e un torneo de chave por parellas. O percorrido da ruta profundiza nos lugares con significado na vida do médico mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro, un dos persoeiros máis releventas da historia da cidade. 
Os interesados en asistir teñen que anotarse en Gráficas Arfe ou ben chamar o teléfono: 982 580 504 antes do venres, día 4, ás 14.00 horas.
 
Etiquetas:
26/06/2015
Mariña Patrimonio organiza un roteiro pola Fraga das Vigas, entre Alfoz e Abadín. Será o 5 de xullo. A inscrición está aberta.
 
Mariña Patrimonio retoma os roteiros polas fragas da contorna dentro da campaña Cousa de Raíces, promovida por ADEGA, para a posta en valor e o recoñecemento do bosque autóctono.
“O próximo 5 de xullo, domingo, imos facer un fermoso percorrido entre os concellos de Alfoz e Abadín; trátase da Fraga das Vigas, formada pola cabeceira do río de Figueiras, que desemboca no Masma en Viloalle. O roteiro, de dificultade baixa e cun percorrido aproximado de 8 – 10 km, ten un atractivo engadido pola coincidencia coa colleita de arandos deste ano. Ao longo desta caminata ímonos atopar con abondosas arandeiras , que nos permitirán gozar dos seus gorentosos froitos”, explican desde a organización.
O punto de encontro será no Frenazo, en Alfoz, ás...
leer más
Etiquetas:
25/04/2015
O Concello de Barreiros organiza o Roteiro do Masma cunha etapa dende Porto Chico, en Foz, ata a praia da Anguieira este domingo, día 26.
 
O Concello de Barreiros organiza para este domingo, día 26, o Roteiro do Masma cunha etapa dende Porto Chico, en Foz, ata a barreirense praia da Anguieira.
Á 9:30 horas sairá un autobús dende a praia da Anguieira para trasladar aos participantes na ruta ata Porto Chico, dende onde empezará o percorrido a pé ás 10 da mañá. A chegada á Anguieira para rematar a actividade está prevista para as 13 horas.
Os participantes que recollan durante o percorrido tres residuos, de plástico ou de cristal, recibirán un agasallo.
 
27/03/2015
O 30 de marzo será inaugurado en Lourenzá o roteiro literario Francisco Fernández del Riego. Concello e Consellería de Cultura asinaron o convenio para o seu inicio.
 
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou o convenio para o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, que será inaugurado o vindeiro luns, día 30. Na xuntanza tamén falaron da necesidade de rehabilitar o mosteiro de San Salvador e de melloras para o colexio Juan Rey.
“Mantiven unha reunión co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, onde o eixo principal foi asinar o convenio de colaboración para a realización do Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, algo que finalmente se concretou agora coa firma deste convenio. Os traballos para materializar xa esta ruta están moi avanzados e inaugurarase como tal o vindeiro luns ás cinco da tarde por parte do secretario xeral de Cultura”, explicou a...
leer más
12/03/2015
Varias asociacións organizan un roteiro polos xacementos arqueolóxicos da costa de Lugo. O primeiro será o 22 de marzo e descorrerá polas Catedrais e a súa contorna.
 
Varias asociacións ecoloxistas e culturais organizan un roteiro polos xacementos arqueolóxicos da costa de Lugo. O primeiro será o 22 de marzo “e no mesmo descubriremos algúns dos segredos mellor gardados das Catedrais”. 
Ademais mañá venres, 13 de marzo, ás 11:30 da mañá Mariña Patrimonio, Adega e Cultura do País comparecerán en rolda de prensa en Lugo, en Cova da Terra, para dar conta do inicio da campaña na defensa do xacemento arqueolóxico da praia ribadense das Catedrais. 
 
01/03/2015
Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo, venres, a denominada Xornada da Lembranza.
 
Mondoñedo acollerá o día 6 de marzo o amplo programa de actividades incluído na denominada Xornada da Lembranza, que organizan os seguintes colectivos: Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida, Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo, Amigos de la Ciudad de Mondoñedo e Asociación Abrindo Camiño.
Os actos empezarán as 09:30 horas coa recepción dos participantes á carón da Alameda dos Remedios, que se trasladarán ata o salón de actos do IES San Rosendo. Alí ás 09:45 horas empezará un evento no que intervirán en primeiro lugar o alcalde mindoniense, Orlando González Cruz; o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga; e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa. Tamén participarán directivos dos centros educativos IES...
leer más
Etiquetas:
27/02/2015
O grupo de montaña Pena Tallada, de Ribadeo, realizará un roteiro por Ibias (Asturias) o vindeiro 14 de marzo.
 
O grupo de montaña Peña Tallada, de Ribadeo, organiza un novo roteiro, que terá lugar o 14 de marzo a Ibias. Unha andaina que se desenvolverá pola Braña de Pedroso, entre Valdebois e Seroiro. 
Segundo explican os organizadores “esta fermosa andaina comeza cruzando o bosque de Valdebois, situado en plena Reserva de Muniellos, seguindo logo o curso do río Aviouga. A braña de Pedroso está construída nun pedregal con rochas do mesmo color, o que produce un mimetismo perfecto. Este é un dos recunchos menos visitados de toda a xeografía pero que ben merece unha visita que non defraudará. 
A ruta comeza na estrada que sobe ao porto de El Connio, collendo unha pista á esquerda que baixa a Valdebois. A pista, de cómodo andar, e con pouca...
leer más