A Pomba do Arco, de Foz, realizará un roteiro polos muíños do Río Centiño o 21 de outubro. Estará guiado por Silvia Fiallega Lorenzo.

A asociación sociocultural Pomba do Arco organiza o 21 de outubro, un roteiro polos muíños do río Centiño, no seu tramo desde Porto ata a ponte de Vilaxoane. A actividade estará guiada pola estudosa do patrimonio focego Silvia Fiallega Lorenzo.

O percorrido polos muíños do río Centiño vai comprender a visita ao muíño do Angelito en Porto, ao río de Sidro,  ao muíño de Mariña en Vilaxoane e ao muíño de Amadora na ponte de Vilaxoane. A visita que se desenvolverá polas beiras do río Centiño, comprenderá tamén unha demostración do funcionamento destes muíños, concretamente no muíño de Angelito.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación apombadoarco@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 608 555 010. O número de prazas para a visita, que se realizará en horario de tarde, é limitado e o prazo para anotarse remata o xoves 19 de outubro.