bolsas
Acisa reparte 15.000 bolsas entre os seus comercios asociados para a campaña de Nadal. Son biodegradables e dun único tamaño. As bolsas foron presentadas polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e por Manoli Torviso e Mª Antonia López, tesoureira e secretaria respectivamente do colectivo empresarial.
Iriarte explicou que “co obxectivo de seguir axudando aos asociados e asociadas, ademais de facer campañas de dinamización, sorteos, etc… tamén queremos axudarlles a aforrar custes na medida das nosas posibilidades. Po ese motivo e ao igual que xa fixemos noutras ocasións para este Nadal repartimos 15.000 novas bolsas de Acisa”.
Pérez engadiu que “nesta ocasión son bolsas dun único tamaño e seguindo as normas de sostibilidade...
leer másAcisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas 15.000 bolsas gratuítas para este Nadal. Por segunda vez este ano, a asociación de comerciantes presenta un novo modelo de bolsas.
Segundo explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “trátase de bolsas de cor verde, que foi a cor escollida nesta ocasión, cun deseño sinxelo e elegante. Na parte central sitúase unicamente o logotipo de Acisa, xunto ao da Xunta de Galicia, institución á que agradecemos a súa colaboración para contar con esta nova edición de bolsas. Na parte lateral figura tamén a marca Galicia, considerando que Ribadeo é porta de entrada á nosa comunidade”.
Pérez agarda que “moitas destas bolsas rematen en diferentes lugares do país grazas ao turismo. Son 15.000 unidades repartidas en tres tamaños: grandes, medianas e pequenas, que se...
leer más