Acisa dota de forma gratuíta aos seus asociados de múltiples materiais para o verán e para o Ribadeo Indiano.

Acisa reparte entre os seus asociados e asociadas nos vindeiros días arredor de 7.000 bolsas, tanto para comercio como para a hostalaría, mais de 12.000 metros de materias decorativos e 800 farolillos así como tarxetas de prezos e cartelería para as rebaixas.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano de cara o inicio o verán e tamén con motivo da celebración do Ribadeo Indiano, queremos facer un esforzo de cara os nosos asociados e entregarlles de forma totalmente gratuíta materiais de utilidade para eles. Nesta ocasión, en primeiro lugar repartiremos mais de 7.000 bolsas tanto de comercio como de comida para levar e de botellas de viño para hostalaría, entre os negocios que así o solicitaron previamente. Mantense o deseño que tiñamos no Nadal, xa que gustou moito. Deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de forma gratuíta e no caso da hostalaría damos resposta ás peticións feitas, con dúas bolsas moi demandadas, especialmente a de comida para levar”.

Pérez Prada sinalou que “Ademais das bolsas nestes días farase tamén entrega por parte de Acisa dos materias decorativos para o Ribadeo indiano. Tratase dun pack totalmente gratuíto que todos os negocios de comercio e hostalaría asociados van recibir para axudarlles a decorar os seus negocios. Está composto por tiras de bandeiras e de flocos que de forma conxunta suman mais de 12.000 metros así coma uns 800 farolillos. Con isto pretendemos incentivar aos nosos asociados a decorar os seus establecementos, os escaparates, as terrazas, as fachadas, as barras... Queremos que serva de axuda para que se animen e decoraren de forma especial os locias, coa temática indiana, que xunto coa decoración que imos realizar nas rúas, fagamos deses días un Ribadeo espectacular”. Estes materiais contan coa colaboración no financiamento do Concello de Ribadeo.  

O xerente de Acisa contou que “tamén nestes días imos adiantar aos negocios que así nolo indicaron o material de rebaixas, de xeito tamén gratuíto. Tratase de tarxetas de prezos de antes e despois de cartelería para os escaparates. As rebaixas son unha época de grandes vendas, onde uns escaparates chamativos cos prezos ben visibles axudan a chamar a atención do publico. E por iso estes materias son tan interesantes e solicitados polos nosos socios e socias. Estes materiais de rebaixas están financiados en colaboración coa Xunta de Galicia”. 

Jesús Pérez engadiu: “paréceme importante recalcar o aspecto gratuíto de todos este materias. Creo que estas actuacións son unha axuda para os negocios que forman parte de Acisa Ribadeo, xa que grazas a eles aforran custes. Baixo o meu punto de vista, este é un punto forte dos diversos servizos que presta a nosa entidade e polo tanto unha boa razón para ser socio noso”.