Xincana

26/04/2018

O Concello de Ribadeo, coincidindo coa celebración da décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo, organiza o vindeiro 16 de maio a partir das 20.30 horas nos locais participantes, a I GastroXincana. 

Trátase dun xogo por equipos que consiste en superar unha serie de probas a través de pistas e que está dirixido a maiores de 18 anos. Os equipos estarán formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 compoñentes e o grupo que acade unha maior puntuación gañará unha cea para todos os membros do seu equipo. 

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde se deberá informar do número de participantes, os nomes e un teléfono ou correo de contacto. As bases poden descargarse na web do Concello de Ribadeo na...

leer más
Etiquetas:
24/01/2016
Beiras de Viveiro organiza unha xincana zombie o 5 de febreiro na praia de Covas. A asociación repartirá 1.200 euros en premios.
 
A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro repartirá 1.200 euros en premios o vindeiro 5 de febreiro. A xincana zombie terá lugar na praia de Covas a partir das 20 horas.
Desde Beiras de Viveiro animan a participar: “recruta o teu clan de zombies (formado por cinco membros), apuntádevos nun local da asociación, tedes ata o 1 de febreiro. Participarán os primeiros 16 clans inscritos”.
Por outra banda o 10 de febreiro, mércores, terá lugar o enterro da sardiña “custodiada no BB Lounge Bar, haberá velatorio amenizado con música, bolos preñados e viño para os que acudan disfrazado coa sábana e a continuación sairase ata Viveiro para enterrala na praza Maior. 
 
Etiquetas:
02/06/2015
O Cenima de Foz acollerá do 3 ao 16 de xuño unha exposición dedicada a Xosé Filgueira Valverde e día 9 haberá unha xincana literaria.
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de Foz, a través do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación, que dirixe Mercedes González Alonso, promove a exposición titulada Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia. A mostra poderá visitarse no Cenima dende mañá, mércores, día 3, ata o 16 deste mes 10 a 14 horas.
A exposición leva aparellada unha actividade de dinamización complementaria que, co nome de Xincana Literaria, pretende achegar a vida e obra do persoeiro homenaxeado de xeito empático e interactivo á mocidade galega de hoxe. A xincana será o vindeiro 9 de xuño e nela participaran varios colexios de Foz.