Tapizaría

Etiquetas:
10/02/2015
O Concello de Lourenzá oferta un curso de iniciación á tapizaría entre os meses de febreiro e maio. A inscrición pode facerse xa na Oficina Técnica Municipal de Emprego.
 
O Concello de Lourenzá, en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño,  organiza un curso de iniciación á tapizaría para os vindeiros meses. A actividade comezará o 23 de febreiro, luns, e terá unha duración de 60 horas. As clases impartiranse ata o 6 de maio, en horario de 19 a 22 horas, os luns e os mércores. O curso conta cun límite de dez prazas e a matrícula ten un custo de 30 euros por persoa. Os interesados poden recibir máis información sobre esta actividade formativa na Oficina Técnica de Emprego do Concello de Lourenzá, no teléfono 982.12.10.06 ou no portal www.centrad.org.
Tal e como explicou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, a través dun bando, “este curso que organizamos dende o Concello, en colaboración co...
leer más