O 16 de maio terá lugar a I GastroXincana, que se enmarca na décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo. A inscrición está aberta.

O Concello de Ribadeo, coincidindo coa celebración da décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo, organiza o vindeiro 16 de maio a partir das 20.30 horas nos locais participantes, a I GastroXincana. 

Trátase dun xogo por equipos que consiste en superar unha serie de probas a través de pistas e que está dirixido a maiores de 18 anos. Os equipos estarán formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 compoñentes e o grupo que acade unha maior puntuación gañará unha cea para todos os membros do seu equipo. 

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde se deberá informar do número de participantes, os nomes e un teléfono ou correo de contacto. As bases poden descargarse na web do Concello de Ribadeo na sede electrónica.