Para o 21 de maio está programado un roteiro polo antigo Camiño Real. Será a través do treito comprendido entre Ourol e Muras.

Desde a organización explican que “coa intención de coñecer e recuperar a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela, organízase este roteiro para o vindeiro 21 de maio. O recorrido é o seguinte:

Ourol, saída ás 9 horas cara a Loibán, pasando por Sabucedo e subindo por Sebrán ata o Foxo, seguindo pola Gañidoira, Bestemuz e baixanado ata Muras”. 

E engaden que “rematará a xornada cun xantar (previa anotación) no restaurante Santi en Muras. Si estás interesado en participar podes chamar ao teléfono do concello 982 559109”.

E lembran que “e preciso traer calzado axeitado e moitas ganas de gozar dun día en plena natureza”.

Na organización participan a asociación Camiño Real, a asociación cultural Roteiros da Carba e tamén os Concellos de Ourol, Muras e Xermade.