Trasbar
Tras dous anos de parón o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coas súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o venres 16, e o sábado 17 de setembro.
Dous días de festa
Os actos comezarán o venres día 16, día da patroa, ás 23.00 horas, con Conxuro Discomóvil como encargada da verbena.
O sábado 17, os actos comezarán ás 10.00 horas da mañácunha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo. A misa, será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo do humorista Oswaldo Digón e Conxuro Discomóvil. Xa pola noite, o grupo M-5 Galicia e Conxuro Discomóvil serán os encargados da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de...
Trasbar preparase para participar no proxecto “Alfombra Mundial”, que se celebrará os vindeiros días 24 e 25 de xullo con motivo do Ano Xacobeo 2021. O colectivo veciñal foi invitado a participar na elaboración dunha alfombra floral a nivel mundial dedicada ao Camiño de Santiago, un proxecto no que participarán alfombristas de máis de 247 localidades repartidas por 27 países pertencentes a Alemaña, Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Hungría, India, Italia, Lituania, México, Nicaragua, Nova Zelanda, Paraguay, Polonia, Panamá, Perú, Portugal, Túnez, Venezuela e España.
Todas as localidades participantes, coordinadas pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago,presidida por Miguel Ángel García Correa, de Ponteareas, elaboraremos nun lugar...
leer másUn ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante tres días: o luns 16, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro.
Tres días de festa
Os actos comezarán o luns, día da patroa, ás 13.00 horas, coa celebración dunha misa na honra de Santa Eufemia, seguida dunha procesión, e ao remate aqueles devotos que queiran poderán achegarse a poñer a Santa. Ao finalizar, os veciños que o desexen poderán disfrutar dun xantar no Local social. Ás 17.00 horas cita para realizar unha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo.
O sábado, os actos comezarán ás oito da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.30h, cantada polo coral...
leer másA Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o VI Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Os Maios”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará día 14 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xuradoseleccionará un traballo...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza diversas actividades navideñas que deron comezo este xoves, 6 de decembro, cun obradoiro para adornar o local social de cara ao Nadal.
O domingo 16 haberá unha recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O domingo 23 terá lugar a visita de Papá Nöel ao local da asociación a partires das 16:30 horas.
O luns 31 celebrarase unha xuntanza no local social para despedir o ano e brindar polo 2019. Será entre as 19:00 e as 20:30 horas.
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza o 15 e o 16 de setembro a Romaría de Santa Eufemia.
O día 15 ás 8:00 horas comezará a confección da alfombra floral a carón da capela. Ás 13:30 horas celebrarase a misa solemne na honra da Virxe do Carme e San Antonio cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores. Ás 22:30 horas terá lugar a gran verbena amenizada pola orquestra Emperadores e o Dúo Epo-K.
O día 16 ás 13:30 horas será a misa solemne na honra a Santa Eufemia, cantada polo Coro de Cervo. Seguidamente haberá sesión vermú co Dúo Epo-K.
O Concello de Cervo colabora na organización destes festexos.
A ssociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o V Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “A retranca”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará o martes, día 8 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xuradoseleccionará un...
leer másO Burgo de Trasbar celebrará a Festa da Pascua o domingo, 1 de abril.
O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Manuela Méndez, e por Arancha Gadea e María Díaz, en representación da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, que organiza a Festa, en colaboración co Concello de Cervo.
Ás 13:30 horas está prevista unha misa, e a continuación haberá un xantar popular no Local Social.
Os interesados en asistir ao xantar poden anotarse no propio local ata o 25 de marzo (preferentemente na fin de semana); e o prezo será de 12 euros para os socios, 15 euros para non socios e 7 euros para os nenos de dous a doce anos.
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar de Cervo anuncia as súas actividades para o mes de decembro que iniciará o domingo 3, cunha reunión ás 11:30 horas no local social para tratar o irmanamento coa asociación de veciños Nostra Señora de Lieiro que terá lugar o 16 de decembro.
O venres 8, a partir das 18:00 horas, os socios adornarán o local social de cara ao Nadal.
O domingo 10, remata o prazo para anotarse ao acto de irmanamento con Nostra Señora de Lieiro que se celebrará o sábado 16 a partir das 14:00 horas.
O domingo 17, terá lugar a recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O sábado 23, a partir das 16:30 horas, recibirán no local social a visita de Papa Noel e haberá unha merenda para os máis pequenos.
O...
leer másA asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza unha nova edición do magosto para este sábado, 18 de novembro.
Os actos terán lugar no local social e comezarán ás 19:00 horas cunha representación teatral a cargo do grupo Batán de Foz. A entrada será libre.
De seguido os asistentes poderán degustar castañas ao prezo de 1 euro a ración, e bocata de panceta por 1´5€ para os socios e 2´5€ para os non socios.
Dende a asociación de veciños do Burgo de Trabar animan a toda a xente a participar neste magosto.