Fórnea
O Concello de Trabada, en colaboración coa asociación de sendeirismo Trabada paso a paso, organiza para o vindeiro domingo 15 de novembro a última ruta do programa Coñece Trabada deste ano 2026. “Trátase dunha iniciativa que leva varios anos desenvolvéndose no municipio e que continúa contando cunha boa acollida entre as persoas participantes”, destaca o Concello, que engade: “nesta ocasión, a actividade consistirá nun percorrido a pé desde Trabada ata Fórnea, cunha distancia aproximada de 9,5 quilómetros e unha dificultade media. A saída terá lugar ás 10:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada”.
“A ruta permitirá descubrir novos espazos e recunchos do municipio, poñendo en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio e ofrecendo unha nova oportunidade para coñecer a contorna a través do sendeirismo”, indica o...
leer másO Concello de Trabada pon en valor “a intensa programación social, cultural e festiva que se desenvolverá ao longo desta semana en distintos puntos do municipio, grazas ao traballo das asociacións veciñais, comisións de festas e colectivos locais, que contan coa colaboración do Concello para facer posible estas iniciativas. As actividades darán comezo este martes, 23 de xuño, coa celebración de dúas tradicionais fogueiras de San Xoán. Por unha banda, a parroquia de Fórnea celebrará a súa festa con fogueira, música e degustación de sardiñas, chourizos e torresmos. Pola súa parte, a parroquia de Sante organizará tamén a súa tradicional Fogueira de San Xoán, unha cita que combina gastronomía, convivencia e tradición arredor do lume”.
Desde o Concello de Trabada destacan “o importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e...
leer másA parroquia de Fórnea, no municipio de Trabada, celebrará unha Festiña de Nadal o día 22 de decembro, luns,
As actividades comezarán ás 17:00 horas cunha actuación do Mago Rafa, ás 18:15 chegará o Apalpador e desde as 19:00 horas haberá Chocolatada con actuación musical de Erikas e Peluxías
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Os Tres Pés e o Concello de Trabada anuncia: “seguimos comprometidos co impulso de iniciativas culturais e coa dinamización das nosas parroquias”.
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada paso a paso continúan co programa Coñece Trabada. Nesta ocasión trátase dunha ruta a pé entre Fórnea e Valboa, que terá lugar o domingo 12 de outubro.
O percorrido será de 10 quilómetros, cun nivel de dificultade media, e permitirá visitar ao longo do traxecto o Marco da Pena Verde, as Mámoas das Pallaregas e a Capela de San Fernando. A actividade rematará cunha comida de confraternidade na antiga escola de mestres de Valboa.
A saída en autobús está prevista ás 10:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada. O prezo é de 8 euros por persoa e as inscricións poden realizarse ata o 7 de outubro nas oficinas municipais ou chamando ao 982.135.011. É obrigatorio o uso de chaleco reflector.
O alcalde de Trabada, Rubén García...
leer másA parroquia de Fórnea, no concello de Trabada, celebra as festas na honra á Nosa Señora do Campo e a Santo Estevo os días 12 e 13 de setembro, venres e sábado.
O venres pola noite actuará a orquestra Los Españoles e o dúo Estrellas.
O sábado celebrarase misa ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo Lume, que tamén amenizará a sesión de tarde, a partir das 18:00 horas.
A organización tamén anuncia que terán colchonetas gratis.







