San Andrés

11/11/2017

A Festa de San Andrés terá lugar en San Ciprián o xoves, 30 novembro.

Ás 12:30 haberá misa cantada pola Coral do C.I.T; ás 14:30 horas xantar no Restaurante Buenavista, e á tarde haberá baile na Casa do Mar da man da orquestra Alma Latina.

Os interesados poden adquirir o seu tícket no propio Restaurante.

A cita está organizada pola Asociación de Mulleres de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e o CIT.

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada; e representantes da Asociación Mulleres de San Ciprián e CIT.