O 14 de marzo remata o prazo de solicitude de postos para participar no XVIII Mercado de Primavera do Valadouro

Desde o Concello do Valadouro informan que aínda quedan dispoñibles postos para o XVIII Mercado de Primavera.

A data máxima para a recepción de postos de mercado é o vindeiro xoves, 14 de marzo, ás 20:00horas e as persoas interesadas en contar cun posto poden conseguir a información a través do teléfono de contacto 982 57 15 16 de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas de luns a venres laborables.

Desde o Concello indican que “esta é unha data das máis importantes do ano no Valadouro e pretende recuperar un mercado que se realizaba na vila a mediados do século pasado e que cada ano conta con máis seguidores”.

Celébrase o sábado máis próximo ao 25 de marzo, que este ano coincide a 23.

As persoas interesadas poden obter máis información na páxina web e nas redes sociais municipais.