Ensaios
25/08/2025
A asociación folclórica e cultural A Subela, de Foz, anuncia: “comezamos novo curso! A partir do 1 de setembro volvemos aos ensaios”.
No curso 2025/26 haberá clases de gaita e percusión os luns, mentres que as de baile e pandeireta serán os venres.
O primeiro mes de proba é de bale paras novas incorporacións.
10/04/2019
O grupo de teatro O Torques, de Burela, prepara unha nova representación titulada Cena de familia, que se estreará a finais de xuño ou principios de xullo. O grupo está formado por 13 actores e outras cinco persoas que se encargan dos decorados, vestiarios, son, iluminación e demais aspectos técnicos da montaxe.
O director do grupo de teatro O Torques, Juan Vilariño, explicou que “é unha obra actual. Vai sobre unha cea de familia e é unha obra nosa feita nun taller que realizamos de improvisación, eu puxen as ideas pero os textos estaos facendo a xente. Son trece actores, hai máis xente, pero actores son trece e estrearemos a finais de xuño ou principios de xullo. Logo contamos con outras tres ou cinco persoas que nos axudan na montaxe das representacións”.