Literario
Desde Libraría Bahía explican que “contamos coa presenza de escritores importantes da nosa lingua como Susana Sánchez Arins, Manuel Gago, Xurxo Mariño e Luisa Martínez aos que poidemos escoitar intercambiar, explicar e compartir a súa experiencia e a súa tarefa, levados da man da filóloga María Liñeira, que actuou como moderadora. Un formato ao que non adoitamos ter moito acceso en vilas como a nosa e que foi moi apreciado polo público, tamén polos escritores e escritoras participantes. Pola súa banda, as pícaras e pícaros tiveron a súa ración de literatura da man da escritora e contadora Charo Pita, que estivo con nós o pasado sábado 23”.
E engaden: “rematamos este Outubro Literario cunha proposta distinta, pero que complementa moi ben as anteriores. Trátase dunha sesión de narración oral para persoas adultas. Nesta ocasión é a...
leer másEste xoves, 21 de outubro, terá lugar a segunda xornada do Outubro Literario organizado pola Libraria Bahía en Foz.
Nesta ocasión estarán Manuel Gago e Susana Sánchez Arins para falar de Memoria e Literatura.
Susana Sánchez Arins é autora da novela SEIQUE coa que acadou o premio ao mellor libro de ficción otorgado polas librerías de Madrid ademáis de un gran recoñecemento de público e crítica.
Nesta novela a autora achéganos a represión franquista da postguerra a través dunha persoa da súa propia familia, o tío Manuel, do que sempre se falou entre marmurios… de ahí o título da novela.
Manuel Gago é autor de varias novelas ambientadas en distintas épocas da historia de Galicia. A última, Nús, desenvólvese durante a transición, unha época apenas tratada na narrativa galega.
A Casa da Cultura de Foz acollerá a actividade Outubro Literario, que organiza a Librería Bahía, os días 14 e 21 dese mes, que son xoves, ás 20:30 horas.
O 14 de outubro Xurxo Mariño e Luísa Martínez falarán de divulgación científica e literatura. E o día 21 Manuel Gago e Susana Sánchez Aríns conversarán sobre memoria e literatura. A filóloga María Liñeira será a moderadora das dúas charlas.
O xoves, 1 de xullo, ás oito e media da tarde, terá lugar un Encontro Literario entre Marta Sanz e Pedro Feijoo na Casa da Cultura de Foz. Será moderado por María Linheira e está organizado pola Librería Bahía con financiación da Dirección Xeral do Libro a través do programa Afinidades Electivas.
Marta Sanz é unha das máis interesantes e recoñecidas escritoras en español da actualidade. Cunha extensa obra publicada, recibeu os premios literarios máis prestixiosos. Escritora fondamente comprometida e tremendamente lúcida, a súa é unha prosa afiada e sen concesións que nos move e nos remove tanto no emocional coma no intelectual.
Pedro Feijoo é un dos escritores máis exitosos do panorama literario galego. Aínda que ten algunha obra doutros xéneros, a novela negra é a que lle reporta máis seguidores. Mestre na...
leer másA Librería Bahía, de Foz, organiza o vindeiro 29 de xullo as oito e media da tarde un encontro entre dous grandes escritores: Berta Dávila e Juán Tallón. O encontro enmarcase dentro do programa “Afinidades electivas. Encontro literario” que promove o Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro. Un formato orixinal que entusiasmará aos amantes da literatura.
Neste encontro, os autores falarán das súas últimas obras, Carrusel (Berta Dávila, ed. Galaxia) e Rewind (Juan Tallón, ed. Anagrama), e da súa relación coa obra doutro: afinidades, cousas en común, sorpresas, diverxencias, etc. Ademais, asinarán a súa obra antes do comezo do encontro, entre as 6 e as 7 da tarde. Neste caso será na Librería Bahía en Ribadeo.
Desde Bahía remarcan o seu compromiso coas medidas de seguridade, por iso, os interesados...
leer más