A escritora e académica María López Sández falará sobre a súa novela "O faro escuro" en Foz o 23 de xaneiro.

O 23 de xaneiro ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, contará coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro e sobre a súa obra en xeral”, explican desde a organización.

Este encontro estaba programado para novembro e aprazouse por mor do Covid.

Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegará Libraría Bahía, en Foz. 

Antes, esa mesma tarde María López Sández estará no IES de Foz conversando co alumnado.