Manuel Gago e Susana Sánchez Airins participarán o 21 de outubro en Foz no Outono Literario, que organiza Libraría Bahía.

Este xoves, 21 de outubro, terá lugar a segunda xornada do Outubro Literario organizado pola Libraria Bahía en Foz.
 
Nesta ocasión estarán Manuel Gago e Susana Sánchez Arins para falar de Memoria e Literatura.
 
Susana Sánchez Arins  é autora da novela SEIQUE coa que acadou o premio ao mellor libro de ficción otorgado polas librerías de Madrid ademáis de un gran recoñecemento de público e crítica.

Nesta novela a autora achéganos a represión franquista da postguerra a través dunha persoa da súa propia familia, o tío Manuel,  do que sempre se falou entre marmurios… de ahí o título da novela.
 
Manuel Gago é autor de varias novelas ambientadas en distintas épocas da historia de Galicia. A última, Nús, desenvólvese durante a transición, unha época apenas tratada na narrativa galega.

Manuel Gago, ademáis, é un incansable pescudador e divulgador da nosa cultura e sobre todo, do noso patrimonio arqueolóxico.

O acto celebrarase ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz.