Forzas Armadas

21/01/2015
 Lourenzá acollerá o martes, 27 de xaneiro, unha conferencia para dar a coñecer o traballo das Forzas Armadas.

 

A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do concello. A conferencia impartirase ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello. 

A concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou que "vimos de organizar unha charla, en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo, na que tratamos de difundir a labor das Forzas Armadas Españolas. Basicamente...

leer más