Primavera

14/03/2018

A Concellería de Cultura de O Valadouro organiza a XII edición do Mercado Tradicional de Primavera, que se celebrará os días 23 e 24 de marzo.

O venres 23, o programa comezará ás 21:00 horas con pasarrúas a cargo da A. C. Amado Lar, ás 21:30 horas será o pregón inaugural que ofrecerá Lionel Rexes, e ás 22:00 horas terá lugar unha exhibición de baile en zocas.

O sábado 24, o Mercado abrirase ás 10:00 horas. Entre as 11:00 e as 19:00 h. celebrarase unha exposición de vehículos clásicos, no aparcadoiro municipal a carón da piscina, e das 12:00 ás 18:00 horas, unha exposición de vespas clásicas na Avenida da Veiga. Tamén haberá Ludo-Enxebre para nenos e nenas de 3 a 12 anos, na praza, de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 . Terá lugar ademais un Foto-Enxebre de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 h, e Tiro con...

leer más
15/03/2017

O Concello de O Valadouro organiza a décimo primeira edición do Mercado de Primavera que terá lugar os días 24 e 25 de marzo.

A feira comezará o venres 24 coa lectura do pregón a cargo de Miguel Vila ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura onde terá lugar unha exhibición de baile en zocas. Ás 22:00 horas haberá xogos rurais no aparcadoiro municipal a carón da piscina. As inscricións poden facerse nas oficinas da Casa da Cultura ata as 20:00 horas. Ás 23:00 horas celebrarase un concerto de rock con Chris Masuak & Viveiro Wave Riders, tamén no aparcadoiro municipal.

O sábado 25 ás 10:00 horas terá lugar a apertura de postos de mercado na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00 horas desenvolverase o Fotoenxebre ata as 14:30 horas, e pola tarde de 16:30 a 19:30 horas, na subida da igrexa parroquial...

leer más
06/04/2016
A Asociación Cultural O Pasatempo celebrará o 9 de abril a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores en Mondoñedo.
 
As actividades que organiza a Asociación Cultural O Pasatempo terán lugar o 9 e abril en Mondoñedo.
 
A partir das 12 da mañá no Parque do Cemiterio Vello de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, ...) para todas as idades coa colaboración da Delegación de deportes do concello mindoniense. Finalmente arredor das 13:30 horas plantarase a árbore no propio Parque, acompañando o acto con música. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “V Concurso de Debuxo da Árbore”,...
leer más
17/03/2016
Todo está listo no Valadouro para a celebración o 19 de marzo do tradicional Mercado de Primavera. Haberá música, teatro, tapeo, premios e xogos tradicionais, entre outras actividades.
 
O Valadouro acollerá un ano máis o seu Tradicional Mercado Anual de Primavera o vindeiro día 19 deste mes. Haberá mercado polas rúas de Ferreira con ruta de Tapeo Enxebre e cantos de taberna. Os pasarrúas correrán a cargo de Cé Orquestra Pantasma, A.C. Amado Lar e Festicultores Troupe e haberá actuacións teatrais con Mircromina Teatro. Os asistentes terán posibilidade de dar paseos en poni e a cabalo e os máis peques poderán participar nun certame de pesca infantil. A xornada completarase cos xogos tradicionais a cargo de Xotramu e co concerto que ofrecerá A Troba do Bugallo.
 
Neste Mercado de Primavera do Valadouro repartiranse premios para os locais comercial e hostaleiro decorados máis enxebre. Ademais haberá zonas para aqueles...
leer más
Etiquetas:
23/02/2016
O 19 de marzo celébrase unha nova edición do Mercado de Primavera en Ferreira do Valadouro. A Delegación de Cultura lembra que aínda quedan postos libres para participar nesta cita.
 
Desde a Concellería de Cultura de Ferreira do Valadouro sinalan que “unha das datas máis relevantes culturalmente falando no Valadouro é a celebración do mercado de Primavera que nesta edición se celebra o 19 de marzo. De momento, aínda queda algún posto para o mercado que se vai a celebrar na rúa desde as 10:00 horas e durante toda a xornada. Tamén queda, de momento, sitio para os distintos grupos de cantos de taberna que van amenizar a ruta de tapeo”. 
 
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas así como os sábados de 10:00 a 13:00 horas ou nas oficinas da Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro no primeiro piso da Casa da...
leer más
23/02/2015
Ata o 13 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para participar no tradicional Mercado Anual de Primavera de O Valadouro, que organiza o Concello.
 
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro informa que o vindeiro 28 de marzo celébrase o Mercado Tradicional Anual de Primavera de O Valadouro no que contarán con numerosa actividade polas rúas  de Ferreira. 
Segundo explican desde o Concello “este mercado pretende recuperar, ó igual que se facía antano, os postos de venda ambulante que tiñamos por aquel entón. Por este motivo, ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de marzo de 2015 ás 20:00 horas. Poderán inscribirse todo tipo de artesáns, produtores de horta e do campo, ferreiros, zoqueiros, cesteiros, … chamando ó teléfono 982.57.15.16 ou nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro”. 
Tamén como motivo do Mercado Anual, vaise celebrar un taller de...
leer más