Hortos

Etiquetas:
20/09/2022

O Concello de Burela celebrará este venres 23 de setembro a primeira colleita dos hortos urbanos cunha xuntanza entre todos os usuarios. Será a partir das 18 horas no espazo alugado polo concello para o cultivo.

Cada persoa poderá levar os produtos que desexe para compartir nesta merenda social, e o concello habilitará mesas e aportará a animación musical.

Tamén asistirán técnicos da Deputación de Lugo que participaron nas formacións sobre os hortos urbanos.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convidou a participar “nesta xornada de convivencia para celebrar que o traballo destes meses dá os seus froitos, compartindo a experiencia entre todas as persoas, un punto moi importante desta iniciativa, a interacción social”.

 

Etiquetas:
01/02/2022

O Concello de Burela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela inicia a planificación e deseño de hortos urbanos. Aquelas persoas interesadas poderán inscribirse xa en hortosurbanos@burela.org e así o Concello coñecerá a demanda que pode ter esta iniciativa, que forma parte do Plan de actuación ecolóxico, de preservación ambiental e valorización de recursos naturais do Concello de Burela en colaboración coa USC.

O alcalde, Alfredo Llano, contou que “no Concello xa é coñecido que temos un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Politécnica de Lugo, e entre outros proxectos que compartimos están as hortas urbanas que queremos poñer en marcha en Burela. A partir do luns xa se pode ir apuntando xente. O que pretendemos con esta iniciativa de que se anote a...

leer más