A Asociación Cultural O Pasatempo celebrará o 9 de abril a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores en Mondoñedo.

A Asociación Cultural O Pasatempo celebrará o 9 de abril a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores en Mondoñedo.
 
As actividades que organiza a Asociación Cultural O Pasatempo terán lugar o 9 e abril en Mondoñedo.
 
A partir das 12 da mañá no Parque do Cemiterio Vello de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, ...) para todas as idades coa colaboración da Delegación de deportes do concello mindoniense. Finalmente arredor das 13:30 horas plantarase a árbore no propio Parque, acompañando o acto con música. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “V Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.
 
Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.